Saturday 18 de May de 2024

Axenda fin de semana en Cabanas


Residencias creativas no Camiño.

Cando. Sábado, 29 de outubro de 2022. De 10 a 14, e de 16 a 20 horas.

Onde. Aparcadoiro do Parque do Areal (ao carón da Oficina de Turismo de Cabanas).

Obradoiro de deseño e moda inspirado na contorna de Cabanas, co Camiño Inglés como telón de fondo. Inauguración da xornada a cargo de Melania Freire, deseñadora encargada do obradoiro, Iago Varela, tenente alcalde e responsábel de turismo, e Mónica Mejías, directora creativa de Correveydile ás 10 da mañá.

Máis información: https://cabanas.gal/obradoiro-de-deseno-e-moda-inspirado-na-contorna-este-sabado-en-cabanas/

Teatro infantil. Duncan de palleiro

Cando. Sábado, 29 de outubro de 2022. 12 horas.

Onde. Salón de Plenos. Casa do Concello de Cabanas.

Representación da obra “Duncan de palleiro”, de Lilá Teatro. Unha obra destinada ao público infantil que narra as aventuras dun día na vida de Duncan, un can Palleiro coñecido por ser “o Príncipe das Corredoiras”.

Teatro adulto. Sainetes

Cando. Sábado, 29 de outubro de 2022. 19 horas.

Onde. Salón de Plenos. Casa do Concello de Cabanas.

Representación da obra “Sainetes”, da Asociación Cultural Quemaistén Teatro. Trátase dunha composición de catro pezas xocosas que fan honor aos sainetes, que lle dan nome á obra. [Esta obra represéntase nesta data logo da cancelación na programación inicial do ciclo de “Sábados Teatrais” por causas de saúde].